Noticias

Ribadavia pide colaboración urxente á Deputación

O concello de Ribadavia pide colaboración urxente á Deputación provincial de Ourense para financiar o saneamento e o subministro de auga da Groba e As Chabolas.

A actualización do proxecto para o abastecemento e o saneamento dos núcleos de A Groba, As Chabolas e o Seixo supón un incremento do custe dun 25%.

Ribadavia pide colaboración urxente á Deputación

Do proxecto inicial de 522 mil euros, o proxecto pasa a un custe final de 655 mil euros. Este incremento de 133 mil euros supón un importante incremento dunha obra que se comprometeron a financiar entre o concello e a institución provincial.

Ribadavia pide colaboración urxente á Deputación

Tras comunicar o custe final do proxecto á Xunta de Galicia e á Deputación, dende o goberno municipal urxen á institución provincial a aprobar o financiamento necesaria para acometer a obra.

Botón volver arriba