O concello de Ribadavia recibe un desfibrilador para o servizo municipal de Protección civil e Emerxencias que se suma ós xa existentes no pavillón municipal e no Furgón de Salvamentos Varios.
A entrega do desfibrilador externo semiautomático (DESA) realizouse durante un acto na Academia Galega de Seguridade na que tamén os recibiron outros servizos de emerxencias de toda Galicia.
Ribadavia recibe un desfibrilador para o servizo de emerxencias
Noelia Rodríguez Travieso, alcaldesa de Ribadavia, asistiu ó acto para recibir esta valiosa ferramenta sanitaria. Ante unha parada cardíaca, este desfibrilador permite restablecer o ritmo cardíaco ata a chegada dos servizos sanitarios.
