Noticias

Ribeiro en Común pide de novo a colaboración da Deputación

Ribeiro en Común pide de novo a colaboración da Deputación Provincial de Ourense na rehabilitación do antigo matadoiro que se atopa actualmente na primeira fase das obras.

No próximo pleno do concello de Ribadavia, o grupo municipal de Ribeiro en Común solicitará que a Deputación de Ourense colabore coa segunda fase do proxecto.

Ribeiro en Común pide de novo a colaboración da Deputación

Nesta segunda fase, os esforzos estarán centrados na dotación equipacional do edificio do antigo matadoiro. Mobiliario, calefacción ou luminarias son algunhas das accións nas que se solicita a colaboración da institución provincial.

Ribeiro en Común pide de novo a colaboración da Deputación
Foto: Ribeiro en Común

Esta obra, planificada desde o inicio con fondos propios do concello, conta en 2023 cunha achega económica da Xunta de Galicia. Nos anos 2022 e 2023, a Deputación de Ourense rexeitou dita colaboración e desde Ribeiro en Común confían en que esa situación cambie para o ano 2024.

Botón volver arriba