Noticias

Ribeiro en Común reclama a mellora urxente da estrada de San Cristovo de Regodeigón

Ribeiro en Común esixe a mellora inmediata da estrada OU-504 ao seu paso por San Cristovo de Regodeigón, en Ribadavia.

A formación denuncia que, malia as reiteradas promesas da Xunta desde 2022, a vía segue nun estado inaceptable, poñendo en risco a seguridade de condutores e peóns.

Ribeiro en Común reclama a mellora urxente da estrada de San Cristovo de Regodeigón

A situación desta estrada vén sendo obxecto de demandas desde hai anos. En 2019, Ribeiro en Común xa solicitara medidas para reforzar a seguridade viaria, como a instalación de badéns, pasos de peóns e mellora da sinalización. Estas reclamacións reiteráronse en 2021, 2022 e 2023, sen que se materializasen as actuacións prometidas pola Xunta.

Ribeiro en Común reclama a mellora urxente da estrada de San Cristovo de Regodeigón
Foto: Ribeiro en Común

Desde Ribeiro en Común lembran que o anterior goberno municipal de coalición logrou unha inversión importante para o arranxo das beirarrúa de San Cristovo de Regodeigón. Esta inversión contaba co apoio da Confederación Hidrográfica Miño-Sil (CHMS). Sen embargo, consideran que a calzada debería ser unha prioridade, dado o alto volume de tráfico que soporta. Esta vía conecta Ribadavia co polígono industrial, O Carballiño, San Cristovo de Cea e a autoestrada AP-53.

A formación critica que o Concello esté priorizando outras vías e camiños antes que esta arteria fundamental. Insisten en que seguirán reclamando a súa mellora ata que se leve a cabo. Ademais, demandan a implantación de medidas de prevención, como badéns para reducir a velocidade, pasos de peóns e unha mellor sinalización viaria, tanto horizontal como vertical.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.