Noticias

Ribeiro en Común rexeita a subida das taxas

Ribeiro en Común rexeita a subida das taxas aprobadas polo grupo de goberno do concello de Ribadavia e que afectan ós usuarios do Servizo de axuda no Fogar e de Xantar na Casa.

No último pleno municipal, Ribeiro en Común logrou tamén un apoio unánime á súa proposta para reforzar o proxecto da Galiña Azul.

Ribeiro en Común rexeita a subida das taxas

No que respecta ás taxas municipais, Ribeiro en Común oponse ó incremento aprobado polo goberno municipal do PP. Unha das taxas que incrementa o seu prezo é a do servizo municipal de auga. Tamén se incrementa o prezo dos servizos de Axuda no Fogar e de Xantar na Casa.

Ribeiro en Común considera que o incremento do custe destes dous últimos servizos chega nun momento de encarecemento xeral do custe da vida. Consideran desde Ribeiro en Común que se poden incrementar outras taxas municipais no lugar das relativas ós servizos sociais.

Ribeiro en Común rexeita a subida das taxas

O incremento da taxa polo servizo municipal de Auga tamén é rexeitado por Ribeiro en Común. A ausencia de melloras no servizo que sufriu unha situación crítica no verán de 2022 non xustifican este aumento no prezo.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.