Noticias

Ribeiro en Común solicita ampliar a zona azul

Ribeiro en Común solicita ampliar a zona azul á rúa Ribeiro para ampliar os beneficios que esta medida provocou no sector comercial.

A creación da zona azul na rúa Progreso, solicitada no seu momento por Ribeiro en Común, é apoiada na actualidade por todos os grupos municipais.

Ribeiro en Común solicita ampliar a zona azul

Para poder ampliar os beneficios desta medida, esta formación política solicita que se amplíe a zona azul á rúa Ribeiro.

Ribeiro en Común solicita ampliar a zona azul

Na comisión de tráfico, Ribeiro en Común solicitará as seguintes medidas:

  • Control horario das zonas reguladas: zona verde reservado para residentes, e zona azul de horario regulado.
  • Ampliación da zona azul a outras zonas: Zona rúa Ribeiro e Travesía Ribeiro.
  • Gratuidade de 2 horas no aparcadoiro municipal.
  • Alternativa a carga de vehículos eléctricos instalada na anterior lexislatura na rúa Progreso.
  • Petición de financiamento da Deputación e Xunta para o arranxo das estradas locais urbanas.
  • Arranxo e solución ao mal estado da estrada local que une a rúa do consello coa quinza. (Estrada Pavillón – Gasolineira).
  • Arranxo aparcadoiro aberto da rúa do Carballiño.
  • Reforzo da seguridade viaria nas estradas que atravesan núcleos urbanos de Francelos, San Paio e San Cristovo, travesía de San Lázaro e camiño das Termas de Prexigueiro.

Botón volver arriba