Noticias

Ribeiro en Común denuncia a mala xestión da Feira do Viño 2025

O grupo Ribeiro en Común fixo pública unha dura valoración negativa sobre a xestión da Feira do Viño do Ribeiro 2025.

Un evento que cualifican de “consolidado e exitoso”, pero que, segundo denuncian, o goberno municipal non soubo valorar nin coidar.

Ribeiro en Común denuncia a mala xestión da Feira do Viño 2025

«A nosa Feira do Viño funciona grazas á súa traxectoria e ás dinámicas propias que se foron consolidando ao longo dos anos. Pero este ano o goberno municipal xogou co seu prestixio e puxo en risco unha marca que é referente en Galicia«, afirman desde o grupo municipal, que tamén critica a falta de autocrítica do executivo local. “Onte acudiron á prensa con propaganda e números manipulados, afastados da realidade”, sentencian.

Ribeiro en Común denuncia a mala xestión da Feira do Viño 2025
Foto: Ribeiro en Común

Ribeiro en Común enumera cinco puntos principais que, ao seu xuízo, demostran os erros de xestión:

1. Redución de participación e conflito co sector vitivinícola

Denuncian unha confrontación entre o goberno local e parte importante do sector do viño, o que se traduce nun descenso no número de participantes e stands. En concreto, houbo once menos ca no ano pasado, situando a cifra no punto máis baixo dos últimos anos. Apuntan tamén á “falta de entendemento” cos equipos que coordinaron con éxito a feira durante máis dunha década.

2. Ampliación excesiva da duración do evento

Critican que se pasase de dous días e medio a catro, unha decisión que non mellorou a feira e que supuxo unha sobrecarga de traballo para pequenas e medianas adegas e colleiteiros. “O que funciona ben non se debe forzar”, sinalan.

3. Cambios na programación musical e ambiente do evento

Acusan ao goberno de eliminar o estilo sutil e agradable da feira, substituíndo concertos de grupos e artistas por unha programación centrada en orquestras “comúns a calquera festa local”. Tamén censuran o peche prematuro do recinto feiral no día de maior afluencia.

4. Falta de previsión ante as condicións meteorolóxicas

Segundo indican, o executivo ignorou as previsións de chuvia e non adoptou medidas para evitar a formación de lameira no recinto. “O ano pasado xa advertimos desta necesidade e non fixeron nada”, lembran.

5. Presenza política excesiva e polémica

Ribeiro en Común tamén critica o “desembarco excesivo” de políticos do Partido Popular, especialmente a presenza de José Manuel Baltar, condenado por prevaricación, arroupando ao alcalde César Fernández. “Moitas persoas, incluso dentro do PP, non entenderon nin viron con bos ollos esa imaxe, máis aínda coa presenza tamén do actual presidente da Deputación”, conclúen.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.