Noticias

Ribeiro en Común presenta a súa candidatura en Ribadavia

Ribeiro en Común presenta a súa candidatura no concello de Ribadavia para ser unha alternativa de goberno a partir das eleccións municipais do 28 de maio.

Brais Fidalgo e Paula Rodríguez son as dúas persoas que seguen á fronte deste partido que actualmente forma parte do goberno municipal en Ribadavia.

Ribeiro en Común presenta a súa candidatura en Ribadavia

«O goberno necesario para mellorar Ribadavia» é o lema co que se presentan ás eleccións recordando o traballo realizado e a necesidade de dar continuidade ós proxectos iniciados.

Os valores que destacan dende Ribeiro en Común para ter a confianza da veciñanza son a súa capacidade para organizar, xestionar, traballar en equipo e dialogar coa veciñanza.

Candidatura de Ribeiro en Común

O primeiro tramo da candidatura de Ribeiro en Común está formado por:

Ribeiro en Común presenta a súa candidatura en Ribadavia
  • 1. Brais Fidalgo. Portavoz do goberno municipal.
    Licenciado en Ciencias Políticas e da Administración e Posgrao de Administración Local. É concelleiro en Ribadavia e portavoz do colectivo Ribeiro en Común desde maio de 2015.
  • 2. Paula Rodríguez. Vice- Alcaldesa de Ribadavia.
    Licenciada en Ciencias Políticas e da Administración e Posgrao de Recursos Humanos. Participa de varios colectivos cidadáns ribadavienses, e na directiva dunha asociación decana na defensa do patrimonio natural. É concelleira en Ribadavia desde maio de 2019.
  • 3. César Touza.
    Veciño de Francelos. Bombeiro forestal. Participativo no voluntariado cultural e deportivo ribadaviense.
  • 4. Luisa Fidalgo.
    Psicóloga en activo da Xunta e implicada en varias asociacións de Ribadavia.
  • 5. Pepe Sotelo.
    Veciño de Ribadavia e traballador autónomo.
  • 6. Miri Alfaro.
    Veciña de San Cristovo, xubilada de banca.
  • 7. Hugo Álvarez.
    Nacido en Santo André, reside en Prexigueiro. Realizou estudos en Dereito.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.