Deportes

Sabela Castelo logra o ouro estatal sub18 en Mahón

Sabela Castelo proclamouse campioa de España sub18 na proba de 5.000 metros, disputada na vila balear de Mahón.

A atleta logrou a vitoria cun tempo de 16:59.20, a súa mellor marca persoal, e asinou tamén a sexta mellor marca histórica da categoría a nivel estatal.

Sabela Castelo logra o ouro estatal sub18 en Mahón

A ourensá dominou con autoridade a carreira, superando en doce segundos a Amanda Román, representante do Valencia Club Atletismo, que foi segunda na liña de meta. Este novo éxito supón unha medalla máis para o seu palmarés, consolidando a súa progresión como unha das fondistas máis prometedoras do atletismo español.

Sabela Castelo logra o ouro estatal sub18 en Mahón
Foto: Club Ourense Atletismo

Con este título nacional, Sabela Castelo continúa sumando fitos nunha tempada brillante e reafirma o seu nome entre a elite do fondo sub18.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.