O 17º Salón do Automóbil de Ourense reúne 20 concesionarios, 31 marcas e 36 novidades, con descontos de ata 10.000 euros.
Expourense acolle ata este domingo o Salón do Vehículo Novo, organizado xunto con A.C.A.U.T.O. e coa colaboración da Deputación de Ourense.
O Salón do Automóbil reúne 308 coches novos en Expourense
A exposición ofrece 308 vehículos de diferentes gamas e motorizacións, con protagonismo dos modelos eléctricos e híbridos.

Entre as novidades destacan o Hyundai IONIQ 3, o CUPRA Raval e o Audi Q7. Os prezos van desde os 14.990 euros do Škoda Fabia Go! ata os 129.990 euros do Audi Q7 Black Line TDI quattro. Os concesionarios ofrecen descontos de ata 10.000 euros e financiamento con cotas desde 200 euros mensuais, segundo as condicións de cada marca.
A vicepresidenta de A.C.A.U.T.O., Eva André, animou os compradores a apostar pola mobilidade eléctrica. Esta cita presenta tamén por primeira vez en Ourense as marcas Changan e Lepas.
A programación continuará do 23 ao 25 de outubro co Salón do Vehículo de Ocasión, que sumará outros 415 automóbiles. Entre ambas as convocatorias sortearase un cheque de 6.000 euros para descontar da compra dun vehículo e A.C.A.U.T.O. doará 15 euros a Cáritas por cada coche vendido.
A entrada custa tres euros e é gratuíta para menores de ata 12 anos. O recinto conta cun servizo de ludoteca gratuíto durante a fin de semana.

