Noticias

Sanidade e feminismo no acto socialista de Verín

A Sanidade e o feminismo foron os protagonistas no acto socialista que tivo lugar en Verín para apoiar a candidatura de Gómez Besteiro á presidencia da Xunta de Galicia.

A Casa da Cultura de Verín acolleu o acto no que participaron a candidata por Ourense, Carmen Rodríguez Dacosta, o alcalde de Verín, Gerardo Seoane, e o subdelegado do Goberno, Emilio González Afonso.

Sanidade e feminismo no acto socialista de Verín

Carmen Dacosta, cabeza de lista da candidatura socialista indicou que «o feminismo será a base do noso goberno na Xunta de Galicia, porque somos o partido que fai que a sociedade avance e que pon en marcha leis en favor da igualdade». Tamén fixo referencia ó sistema sanitario e mostrou as prioridades dun goberno do PSdeG-PSOE. Para que Ourense «recupere os servizos sanitarios e impulse a mellora de dotacións e o aumento de persoal no hospital comarcal de Verín e nos centros de saúde» ten que haber un presidente socialista na Xunta de Galicia.

Sanidade e feminismo no acto socialista de Verín
Foto: PSdeG-PSOE

Gerardo Seoane, alcalde de Verín, precisou que o seu concello «precisa dun goberno socialista ao fronte da Xunta de Galicia. Para Seoane, este goberno será o que «impulse a sanidade, o emprego e a creación dun novo parque empresarial en Verín para asentar novas empresas». Na mesma liña se mostrou Emilio González Afonso que destacou as «numerosas accións levadas a cabo polo Goberno que encabeza Pedro Sánchez en materia de igualdade dende o 2018»

Botón volver arriba