O Sanysec – Ourense Atletismo acadou seis medallas no Campionato Galego Sub10 e Sub12 de pista curta, disputado en Expourense, cunha participación superior ás noventa inscricións.
Álex Cid foi prata nos 500 sub12 (1:25.85), Martín Valencia bronce nos 1.000 sub10 (3:34.15) e Saúl Carril prata en altura sub10 (1.16).
Seis medallas do Sanysec no Galego Sub10 e Sub12
En mulleres, Gala Témez foi terceira nos 50 sub10 (8.30) e Ada Cecilia logrou dous metais: bronce nos 60 sub12 (8.86) e ouro en lonxitude (4.22).
Un bronce no Sub14
No Galego Sub14, Nicolás Valencia sumou un bronce en pértega (2.10), nun campionato con ampla participación do club.
Dous ouros no Nacional Sub18
No Campionato de España Sub18 en Antequera, Aitana Capeáns gañou o peso con 14.79 metros (récord do campionato) e Sabela Castelo venceu nos 3.000 (9:51.82).


