Deportes

O Sanysec Ourense, cuarto no Galego de combinadas

O Sanysec – Ourense Atletismo quedou cuarto no Campionato Galego de Combinadas por Clubs, rozando o podio tras unha competición moi axustada.

O conxunto ourensán, formado por Andrea Reija, Sara Vázquez e Noa Rey, sumou un total de 9.979 puntos.

O Sanysec Ourense, cuarto no Galego de combinadas

A terceira praza foi para o Atletismo Femenino Celta, con 10.057 puntos, mentres que o Atletismo Sada foi segundo e a Gimnástica de Pontevedra proclamouse campioa.

O Sanysec Ourense, cuarto no Galego de combinadas
Foto: Club Ourense Atletismo

A nivel individual, Andrea Reija destacou como a mellor atleta do equipo con 4.403 puntos, seguida de Sara Vázquez con 2.802 e Noa Rey con 2.774.

De forma paralela, disputouse tamén o Criterium de Combinadas individual, onde o club ourensán acadou bos resultados. Raúl Gude logrou o terceiro posto sub20 con 4.973 puntos, mentres que Andrea Reija foi segunda no héptatlon absoluto. Pola súa banda, Noa Rey rematou quinta na mesma proba e Sara Vázquez acadou a oitava posición no héxatlon sub16.

Botón volver arriba