Noticias

Seara aposta por un novo PXOM

Luís Seara, candidato do BNG á alcaldía de Ourense, aposta por un novo PXOM para avanzar no proxecto transformador que presenta a súa candidatura.

Para o candidato nacionalista, o PXOM hai que «aprobalo canto antes e poder así desenvolver o Concello dos próximos 20 anos e ofrecer seguridade xurídica a todas aquelas persoas ou empresas que decidan investir en Ourense».

Seara aposta por un novo PXOM

Para Luís Seara, é preciso unha «nova exposición pública que permita á veciñanza no seu conxunto coñecer o documento actual e poder facer as achegas e alegacións que considere precisas».

Seara aposta por un novo PXOM
Foto: BNG de Ourense

O novo PXOM «ten que ser un documento que aposte pola sustentabilidade» no que se «aposte pola rehabilitación e non polo consumo de novo solo urbanizable pois o problema de Ourense non é a demanda de vivenda nova xa que temos perto de 17.000 vivendas baleiras».

Botón volver arriba
Cerrar

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.