Luís Seara, candidato do BNG á alcaldía de Ourense, comprométese a construír o Centro de Saúde do Vinteún para desconxestionar o actual Centro da Ponte.
«Unha das nosas prioridades de goberno pois dentro do noso proxecto, o reequilibrio territorial entre os diferentes barrios e a dotación de novas infraestruturas e servizos é fundamental no desenvolvemento do Ourense que queremos» destaca Seara.
Seara comprométese a construir o Centro de Saúde do Vinteún
O candidato á alcaldía recorda «non é de recibo que catorce anos despois e co PP na Xunta de Galiza, aínda non se executase unha infraestrutura que é de vital importancia».
Para por fin a esta situación, Seara indica que «unha das prioridades do novo Goberno Local encabezado polo BNG será a de solicitar unha reunión urxente co Conselleiro de Sanidade e reclamar a reactivación inmediata do proxecto de construción do Centro de Saúde do Vinteún».