A Asociación Veciñal San Breixo de Seixalbo organiza unha viaxe cultural ó Ribeiro para este domingo, 24 de setembro, como parte da programación do mes cultural.
A praza de Paquita e Nicanor será o lugar de partida do autobús que levará ós participantes a unha viaxe por algúns dos lugares máis relevantes do Ribeiro.
Seixalbo organiza unha viaxe cultural ó Ribeiro
Entre as visitas previstas inclúense:
- Castro de San Cibrao de Lás
- Museo do Viño de Galicia
- Barrio Xudeo de Ribadavia
- Templo Veracruz Carballiño
O prezo da viaxe será de 25€ e inclúe autocar, visitas e xantar. Os menores de 16 anos terán un prezo reducido de 12€.