Eventos

Seixalbo terá cinco días de Entroido

A localidade de Seixalbo terá cinco días de Entroido onde toda a actividade estará supervisada polos mecos de Paquita e Nicanor.

O Entroido de Seixalbo ten dúas características principais. Todas as actividades teñen animación musical e todas contan cunha gran participación veciñal.

Seixalbo terá cinco días de Entroido

Cumprindo esas dúas premisas, a edición de 2023 do Entroido de Seixalbo será de novo un gran acontecemento. Esta localidade ten unha importante actividade cultural grazas a labor realizada polo movemento asociativo alí presente.

Domingo Oleiro, 12 de febreiro

  • Recibimento dos nos mecos na Praza de Paquita e Nicanor (16:30h)
  • Animación da charanga Sorcha
  • Pregón na Praza Maior (17:30h)
  • Xogo das Olas e Piñatas (18h)
  • Chocolatada e Fin de Festa (18:30h)

Venres de Chavalada, 17 de febreiro

  • Desfile do alumnado do Colexio Público CEIP de Seixalbo 11:30h)
  • Animación da Charanga El Brexit
  • Desfile polas rúas de Ourense (19:30h)

Domingo de Entroido, 19 de febreiro

  • Pasarrúas e sesión vemú co grupo Airiños de Caldelas (13h)
  • Xantar de Entroido (14:15h)
  • Baile de Máscaras coa charanga El Brexit (16h)
  • Festa coa Orquestra Costa Verde (17:30h)

Martes de Entroido, 21 de febreiro

  • Desfile de Entroido coas charangas Escachapeitos, CLK e El Brexit
  • Actuación de comparsas e festa coas charangas Europa, El Brexit e Escachapeitos
  • Degustación gratuíta de Callos (19:30h)
  • Queima dos Mecos (20:30h)

Mércores de Cinza, 22 de febreiro

  • Procesión e Enterro da Sardiña (21h.)
  • Sardiñada no Parque da Infesta coa Charanga Os Bandiños
Seixalbo terá cinco días de Entroido

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.