Noticias

O TSXG anula parcialmente a sentenza que obrigaba a repoñer o interventor de Ourense

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) vén de ditar unha sentenza na que anula parcialmente o fallo do Xulgado do Social número 1 de Ourense que obrigaba ao Concello a repoñer no seu cargo ao interventor municipal, Alonso Álvarez.

A nova resolución, que foi recibida esta mañá polo propio Concello, deixa sen efecto tanto a nulidade do expediente de cesamento como a orde de reposición do interventor no seu posto.

O TSXG anula parcialmente a sentenza que obrigaba a repoñer o interventor de Ourense

Segundo recolle o auto do TSXG, a sentenza de primeira instancia incorre “nunha incongruencia” ao valorar este extremo.

O TSXG anula parcialmente a sentenza que obrigaba a repoñer o interventor de Ourense

Deste xeito, o alto tribunal galego considera que non procede declarar nulo o cesamento de Álvarez, nin tampouco ordenar a súa reincorporación.

Aumenta a indemnización por danos morais a 75.000 euros e o Concello anuncia recurso ante o Supremo

Con todo, o TSXG decide elevar a contía da indemnización por danos morais que lle corresponde ao denunciante, fixándoa en 75.000 euros, unha cifra que deberán asumir solidariamente os dous co-demandados: o alcalde de Ourense e o propio Concello.

Ante esta nova sentenza, o Concello de Ourense xa avanzou que interporá recurso de casación ante o Tribunal Supremo, polo que o caso aínda poderá ter percorrido xudicial.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.