Colaboraciones

Sergio Pazos recomenda a lectura de…

Sergio Pazos, actor, cómico, presentador e reporteiro, recomenda a lectura dun libro que para el ten un significado especial ante a proximidade do Día Internacional do Libro o vindeiro 23 de abril.

Ourensenarede solicitoulle que nos recomendase un libro, explicase como chegou ás súas mans, qué lle aportou e por que o recomenda.

Sergio Pazos recomenda a lectura

Sergio Pazos recomenda a lectura de…

«Magín Blanco, o camiño da luz», de Carlos Rego

Carlos Rego é amigo e compañeiro de estudos, e encima de ser bo profesor, escribe caralludamente. Pedinlle con todo o morro que mo regalase, e encima dedicado. É unha preciosa homenaxe dun músico a outro. Conta a traxectoria vital e profesional de Magín.

As veces temos xenios moi preto de nos e non os vemos porque estamos saturados de información de fora. En Ourense, Magín chegou a triunfar xa fai anos co grupo La Rosa, pasaron cousas que están no libro, e agora fai canción teatro para nenos de tódalas idades, que somos moitos. E son bestiais.

Ademais, o libro ven cun CD cheo das súas cancións. Non todos os libros teñen que contar historias inventadas, esta é real, con luces e sombras pois a vida as veces é moi dura, pero ó final veredes a luz. Por iso o libro é un camiño de luz

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Botón volver arriba