A Asociación Silva Escura organiza para este domingo, 19 de marzo, unha charla sobre o Camiño Miñoto Ribeiro, un dos que atravesa as comarcas do Ribeiro e Celanova.
Silva Escura organiza unha charla sobre o Camiño Miñoto Ribeiro
O acto terá lugar no Administración Gastro Bar de Celanova onde os asistentes poderán escoitar ós investigadores Castor Pérez e Xosé Ramón Estévez.
O traballo realizado por estas dúas persoas, coa participación do arqueólogo Jorge Lamas, fixo posible a publicación do libro «Camiño Xacobeo Miñoto Ribeiro» no ano 2022. Entre os asuntos a tratar na charla atópanse os vínculos desta ruta xacobea con Celanova.