Noticias

Solicitan espazo para Arrolos de Teta

Desde o grupo municipal do BNG solicitan un espazo para a asociación Arrolos de Teta nas inmediacións do Complexo Hospitalario de Ourense.

A moción presentada polo BNG no mes de marzo solicitaba ó goberno municipal a elaboración dun programa de saúde materno-infantil.

Solicitan espazo para Arrolos de Teta

Coincidindo coa celebración da Semana Mundial da Lactación Materna, o BNG lembra que non se programou ningunha actividades coincidindo con estas datas e tampouco se impulsou ningunha iniciativa de fomento da lactación materna.

Solicitan espazo para Arrolos de Teta
Foto: BNG de Ourense

Unhas das propostas que incluía o BNG naquela moción era a firma dun convenio co grupo de apoio á lactación materna Arrolos de Teta. Esta asociación está recollendo sinaturas para solicitar ó concello un espazo no que poder realizar actividades, asesorías e reunións coas familias con bebés.

Botón volver arriba