Desde Ribeiro en Común solicitan financiamento á Xunta de Galicia para a nova captación que abastecerá de auga ó Concello de Ribadavia.
No verán de 2022, Ribadavia sufriu unha grave crise de abastecemento de auga para consumo doméstico que obrigou a tomar medidas de emerxencia.
Solicitan financiamento para a nova captación
Unha das medidas adoptadas foi iniciar o proxecto de construción dunha nova captación desde o Río Miño. Para poder realizar esta obra, Ribeiro en Común solicita o compromiso económico da Xunta de Galicia e a Deputación Provincial.
As peticións de Ribeiro en Común son:
- O Concello de Ribadavia solicita que a Xunta se comprometa a realizar a captación no río Miño, cuxo proxecto xa foi aprobado polo anterior goberno municipal, e o seu tramite realizado diante de todas as Administracións con competencia.
- O Concello de Ribadavia demanda que confederación hidrográfica (CHMS) e Deputación provincial tamén colaboren na obra da nova captación no río Miño.
- Instar ao goberno da Xunta de Galicia, Deputación e CHMS a que colaboren con Ribadavia para realizar arranxos na rede de abastecemento e saneamento, tales como estacións de bombeo e separación de augas pluviais e residuais.