Desde o BNG de Celanova solicitan mediante unha moción un maior recoñecemento para a festa da Ramallosa e a Romaría do Cristal.
A solicitude insta ó concello de Celanova a iniciar os trámites para declarar Festas e Interese Turístico de Galiza a ambos eventos.
Solicitan un maior recoñecemento para a Ramallosa e a Romaría do Cristal
«Antigüidade, singularidade, arraigamento, valor cultural e continuidade no tempo son características máis evidentes tanto na festividade da Ramallosa como na romaría do Cristal», sinala Ernesta Seoane, responsable comarcal Terra Celanova e Baixa Limia.
Lembra Seoane que «non se pode obviar que entre os efectos desta declaración de interese turístico de Galiza atópase a posibilidade de percibir axudas e subvencións a administración galega para eventos deste tipo, e que axudarían a dar maior visibilidade ao noso concello e as nosas tradicións culturais».
A Festa da Ramallosa celébrase o primeiro domingo de agosto e figura unha ampla referencia a este evento no libro «Romerías e Santuarios de Galiza« de Antonio Fraguas. Pola súa parte, a Romaría do Cristal remóntase ó ano 1851 e conta con referencias de autores como Curros Enríquez.