Colaboraciones

Taboadela recomenda a lectura de…

Taboadela, a páxina de facebook, recomenda a lectura dun libro que para ela ten un significado especial con motivo do Día Internacional do Libro 2023.

Ourensenarede solicitoulle que nos recomendase un libro, explicase o que lle aportou e por que o recomenda.

Taboadela recomenda a lectura de…

“Jugadores de Billar” de José Avello Flórez (1943-2015)

É esta unha novela bastante descoñecida, unha novela que recupera unha maneira de escribir “moi literaria” que se vai comprobando segundo vanse pasando as páxinas e vaise vendo a maneira en que o autor expón as distintas tramas, como elabora os personaxes, os escenarios, a consistencia e elegancia do seu estilo.

Este libro ambiéntase en Oviedo, igual que “La Regenta” de Alas Clarín, e conta as aventuras dun grupo de amigos, a finais do século XX, que se reúnen ao redor dunha mesa de billar no reservado dun bar de Oviedo que se chama café Mercurio.

A partir da relación que xorde entre eles vaise debuxando unha sociedade chea de conflitos, de triunfos e fracasos, unha sociedade plena de personaxes, de lugares e de historias. “Xogadores de billar” é unha novela complexa e, á vez, moi accesible, aceda, cun elegante e sutil sentido do humor que permite gozar do pracer da lectura, dun bo libro. Unha novela imprescindible.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.