Unha auténtica treboada cultural foi o que aconteceu no Tangaraño á súa chegada á localidade de Sobradelo grazas á participación de numerosos artistas.
A falta dunha última parada, o Tangaraño Cultural celebrou o seu día grande en Sobradelo, localidade na que naceu. Alí, artistas de diferentes estilos demostraron que as persoas e as entidades culturais son as responsables, en gran medida, de soster á actividade cultural.
Treboada cultural no Tangaraño de Sobradelo
Con máis de 15 actuacións musicais, obradoiros de instrumentos, poesía, danza e decenas de persoas que se achegaron para gozar da xornada, o Tangaraño segue a medrar con forza neste 2023. Rochi Nóvoa, directora do festival, mostra a súa satisfacción por contar cun gran programa de actividades e obter a resposta do público asistente.
Nomes como Terra Morena, Ico (Sonoro Maxín), Manu Díaz ou o grupo de Jazz de Alexandre Cabanelas estiveron nesta xornada cultural. Tamén se entregaron os Tangaraños de honra que nesta ocasión foron para os veciños de Sobradelo que están a recuperar distintas partes da aldea e para Rubén Riós polo traballo realizado.
Álvaro Vila, alcalde de Taboadela, e José Luis Gavilanes, alcalde de Xunqueira de Ambía, estiveron presentes en Sobradelo para contribuír ó apoio desta mostra cultural. Queda por diante unha última parada do Tangaraño Cultural este venres, 9 de xuño ás 19h, coa actuación musical de Perrito Piloto desde Arxentina.