A localidade de A Pobra de Trives vibrará cos Cantos de Taberna este sábado, 25 de novembro, ó acoller a 17 grupos que actuarán polas rúas e locais colaboradores.
A Asociación Cultural A Carniceira de Trives e o grupo As Macizas Centrais organizan a 17ª edición dun encontro de Cantos de Taberna que nesta ocasión contará coa participación de grupos procedentes de varios concellos da Provincia e incluso de outras provincias.
Trives vibrará cos Cantos de Taberna
Grupos de Valdeorras, Laza, Amoeiro, ou A Rúa compartirán evento con outros que proceden de Vigo, A Illa de Arousa ou Quiroga. Ademais dos grupos localis, o listado completo de participantes é:
- Macizas Centrais (A Pobra de Trives)
- San Nordés (A Pobra de Trives)
- O Recanto (Quiroga)
- Os Parrandas (Vilamartín de Valdeorras)
- Os Trabazos (Castro Caldelas)
- Tokaide (O Carballiño)
- Os repunantes (Manzaneda)
- Sondailla (A Illa de Arousa)
- A Papuxa (Vigo)
- Abertal (A Rúa)
- Taboucas (Amoeiro)
- Xunquereteiras (Xunqueira de Espadañedo)
- As Travesas da Mezquita (A Mezquita)
- Quinchousas (Manzaneda)
- Sómosche d’herbas (A Pobra de Trives)
- Son do Bibei (Valdeorras)
- O Lobo da Xente (Laza)
O programa deste encontro de Cantos de Taberna en A Pobra de Trives inclúe:
- 18:30h – Reunión de grupos na praza do Pilón
- 19h – Comezo da edición 17 dos Cantos de Taberna
- 23:30h – Foliada na Praza Dr. Paz