Noticias

O TSXG condena a Jácome por vulnerar dereitos dunha concelleira

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) vén de confirmar a condena ao alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, por vulnerar os dereitos fundamentais da portavoz socialista Natalia González Benéitez ao retirarlle a palabra nun pleno.

Este tribunal considera que o comportamento de Jácome constitúe unha “extralimitación” non amparada polo Regulamento Orgánico de Funcionamento (ROF), que compromete o dereito á representación política.

O TSXG condena a Jácome por vulnerar dereitos dunha concelleira

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) desestimou o recurso de apelación presentado polo Concello de Ourense e ratificou a sentenza que condena ao alcalde, Gonzalo Pérez Jácome, por vulnerar os dereitos fundamentais da portavoz socialista Natalia González Benéitez durante un pleno municipal.

Segundo a resolución xudicial, o rexedor cortou de forma reiterada e inxustificada a intervención da concelleira no pleno extraordinario do 26 de outubro de 2023, impedindo a súa participación política e incumprindo co artigo 23 da Constitución Española.

A sentenza impón ao alcalde a obriga de publicar o fallo na páxina web do Concello, facer unha lectura íntegra do mesmo no primeiro pleno que se celebre tras a resolución xudicial e aboar as costas procesuais, cifradas en 1.000 euros.

O TSXG tamén reprocha no seu ditame o uso do recurso de apelación como mero instrumento para reiterar argumentos xa presentados na primeira instancia, sen ofrecer unha nova fundamentación xurídica válida.

O TSXG condena a Jácome por vulnerar dereitos dunha concelleira

Desde o grupo municipal socialista, anuncian que promoverán neste mes de xuño unha reforma “necesaria e urxente” do ROF para garantir a participación dos concelleiros nos plenos e evitar novos abusos na dirección das sesións.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.