Estamos nos últimos días para recoller un libro gratis dentro da campaña de fomento da lectura que puxo en marcha o concello de Ourense.
Últimos días para recoller un libro gratis
O prazo para solicitar e recoller o libro remata este mércores, 7 de setembro. A campaña está dirixida para tódolos nenos e nenas nados entre os anos 2004 e 2022 e que estean censados no concello de Ourense.
Ata un importe de 20€, o concello cubre o custe do libro. A partir desa cantidade, o interesado asumirá a diferenza.