Noticias

Un deserto cultural en Ourense

A ausencia de programación cultural converte nun deserto cultural ó Concello de Ourense segundo indican desde o PSdeG-PSOE.

Recordan os socialistas que Ourense é a única gran cidade de Galicia que non conta con actividade cultural específica para o período estival.

Un deserto cultural en Ourense

«En lugar de facer de manager de orquestras e barras de bar destine os fondos públicos a dinamizar e achegar a cultura aos barrios, para que os ourensáns e ourensás poidan dispor dunha oferta para todas as idades na cidade» indica Natalia González Benéitez, voceira do grupo socialista.

Un deserto cultural en Ourense

Recorda González que a administración local debería organizar programación variada e de balde para garantir o acceso de todas as persoas á estas actividades. «Jácome debería aproveitar as dotacións para actos culturais das que dispomos na cidade enchéndoas de contido, non botándolle a pechadura».

Botón volver arriba