Noticias

«Un erro maiúsculo» co aparcadoiro de Ribadavia

«Un erro maiúsculo» é como cualifican desde o PSdeG-PSOE a decisión tomada polo goberno municipal co aparcadoiro de Ribadavia.

O grupo socialista de Ribadavia informa que o goberno municipal de Ribadavia decidiu reducir de dúas a unha hora o tempo de estacionamento gratuíto.

«Un erro maiúsculo» co aparcadoiro de Ribadavia

«Reducir de dúas horas a unha a gratuidade do aparcadoiro, fará que o tempo para as compras sexa escaso» indican desde o grupo socialista. Recordan que no seu momento se aprobou esta iniciativa para fomentar o comercio local. «Unha medida que se levou a pleno e que se debateu co resto de grupos políticos, algo que botamos en falta nesta ocasión, xa que se tomou a decisión con aleivosía e sen contar con ninguén».

"Un erro maiúsculo" co aparcadoiro de Ribadavia
Concello de Ribadavia

Ante esta situación, os integrantes do PSdeG-PSOE de Ribadavia están recibindo queixas da veciñanza. «Os usuarios do aparcadoiro e os comerciantes xa nos trasladaron as súas queixas ante unha decisión que consideran errónea e que supón un novo golpe para o comercio local de Ribadavia».

Botón volver arriba