Una nova licitación das obras da estación intermodal é para o BNG «a consolidación dun proxecto que non responde ás necesidades reais da cidade».
Así se expresaba Luís Seara, voceiro do BNG no concello de Ourense, ante o anuncio de iniciar de novo o proceso de licitación das obras.
Una nova licitación para «un proxecto que non responde ás necesidades reais»
«O BNG ven defendendo desde hai tempo. A necesidade de modificar o proxecto co obxecto de permitir o traslado das mercadorías ao Polígono de San Cibrao das viñas, decisión que goza ademais dun amplísimo consenso social, político e empresarial», indicou Seara
Insiste o voceiro nacionalista nos aspectos que este proxecto de 134 millóns de euros debería contemplar. «Non acabamos de entender para que se precisan oito vías de tipo convencional». Tamén destaca que «nin sabemos como se comunicaran os vehiculos entre os dous barrios de A Ponte e o Vinteún».
Tamén recorda Luís Seara que solicitaron o estudo do «retranqueo da actual praia de vías cara a parte norte e o xa mencionado traslado das mercadorías para o Polígono de San Cibrao». Esta acción permitiría «unha gran mellora para o desenvolvemento urbanístico e da mobilidade de toda a zona ademais de aportarlle ao barrio máis de 100.000 metros cadrados de solo dotacional».