Noticias

Unha manifestación con percorrido polo centro provocará cortes de tráfico

Unha manifestación convocada para mañá, xoves 5 de xuño, provocará cortes puntuais de tráfico en varias rúas do centro de Ourense.

O percorrido afectará a vías principais como Curros Enríquez, Paseo e Lamas Carvajal

Unha manifestación con percorrido polo centro provocará cortes de tráfico

A marcha comezará ás 19:00 horas na Avenida da Habana, xunto ao edificio administrativo da Xunta de Galicia, e discorrerá por Curros Enríquez, Parque San Lázaro, Paseo e Lamas Carvajal até rematar na Praza Maior.

As rúas incluídas no percorrido pecharanse de forma temporal ao paso da manifestación para garantir as marxes de seguridade esixidas. Segundo informou o dispositivo de tráfico, a medida que avance a mobilización as vías afectadas iranse reabrindo progresivamente á circulación.

Recoméndase á cidadanía que evite utilizar o vehículo privado na zona durante o transcurso da marcha e que opte, sempre que sexa posible, por rutas alternativas ou polo transporte público.

Unha manifestación con percorrido polo centro provocará cortes de tráfico

Botón volver arriba