Noticias

O uso de animais levanta críticas de novo

El uso de animais nas actividades de Nadal do concello de Ourense levanta críticas de novo que se suman á situación producida no ámbito da circulación viaria.

Desde o BNG do concello de Ourense recordan de novo ó alcalde que está «incumprindo un acordo plenario» ó utilizar animais no evento de chegada de Papá Noel á Ourense.

O uso de animais levanta críticas de novo

«O Goberno amosa a súa falta de sensibilidade pois estase a trasladar unha mensaxe equivocada ás nenas e nenos no relativo ao trato cos animais. Entendemos que o Goberno tamén ten entre as súas obrigas a de facer pedagoxía».

O uso de animais levanta críticas de novo
Foto: BNG de Ourense

Tamén destacan desde a formación nacionalista as numerosas queixas da veciñanza ante a planificación e organización da chegada de Papá Noel á Praza Maior de Ourense. «Non entendemos porqué motivo o percorrido empregado non discorreu por rúas de tráfico restrinxido tal e como se tiña feito ao longo dos últimos anos e evitar así o colapso do tráfico nas principais arterias da cidade, nunhas datas nas que xa de por sí, se produce un aumento moi significativo da circulación de vehículos», indica Luís Seara, voceiro do BNG.

Botón volver arriba