Varias rúas estarán pechadas ó trafico na Ponte o domingo pola mañá por mor dunha carreira popular que forma parte do programa Correndo por Ourense.
O domingo, 25 de setembro, as rúas do barrio da Ponte serán testemuñas dunha proba deportiva que obrigará a realizar varios cortes de tráfico.
Varias rúas pechadas na Ponte por mor dunha carreira popular
A Policía Local de Ourense estableceu un dispositivo para pechar á circulación de vehículos en varias rúas a partir das 9:30h. Desde a organización solicitan ós veciños o uso de vías alternativas ó mesmo tempo que piden desculpas polas molestias ocasionadas.
Cortes de tráfico na Ponte
- 8h – Peche do tramo Vicente Risco – Francisca Herrera para montaxe de infraestruturas
- 9:30h – Prohibido o acceso ás rúas: Ribeira de Canedo, Ribeiriño, Basilio Álvarez, Avenida das Caldas, tramo inferior da avenida de Santiago e rúas interiores dese espazo.
Desvíos provisionais
A policía local establece dous desvíos provisionais para favorecer a circulación. Os vehículos que circulen pola Avenida de Santiago en sentido descendente poderán desviarse pola rúa Rei Souto. Os que circulen por Ático Noguerol poderán incorporarse á Avenida de Santiago en sentido ascendente.
Horarios e percorrido da proba
Os horarios de Correndo por Ourense no barrio da Ponte son:
- 11h – Categoría Pitufos
- 11:05h – Categorías Benxamín e Alevín
- 11:15h – Categorías Infantil e Cadete
- 11:30h Categorías Xuvenil, Junior, Promesa, Senior e Máster.
O percorrido da carreira será:
- Francisca Herrera (xunto ó 12 de Outubro)
- Avda. de Santiago
- Basilio Álvarez (ida e volta)
- Avda das Caldas
- J. Antonio Moretón
- Ribeiriño
- Avda das Caldas
- mercado
- Rosalía de Castro
- Vicente Risco