Sucesos

Varios detidos durante a fin de semana en Ourense

Varios detidos destacan no balance da Policía Local durante a fin de semana en Ourense ó atender as chamadas a varios incidentes.

Alteración da orde pública, delitos de tráfico ou atentados contra a autoridade son algunhas das causas que provocaron que a Policía Local de Ourense tiverse que realizar as detencións.

Varios detidos durante a fin de semana en Ourense

Unha das detencións tivo como protagonista un par de galiñas que querían coller o autobús e remataron coa detención do seu dono.

Detido nº1

Un varón de 65 anos foi detido ó alterar o funcionamento do servizo de autobús urbano. O detido introduciu galiñas vivas no autobús e non atendeu as indicacións do condutor para abandonar o vehículo. cando chegaron os axentes da policía local, o detido incluso mordeu nunha man a un dos axentes.

Detido nº2

Unha discusión nunha vivenda situada na rúa Saénz Díez provocou a chamada á Policía Local. Os ocupantes dun piso turístico estaban arroxando obxectos pola ventá a un patio común. Un dos implicados presentaba claros síntomas de embriaguez e ó ser identificado, os axentes comprobaron que tiñan unha orde de detención do Xulgado do Penal de Madrid.

Varios detidos durante a fin de semana en Ourense
Policía Local de Ourense

Detido nº3

A rúa Río Arnoia foi o escenario onde na madrugada do domingo ó luns se producía unha nova detención. Un varón foi detido como presunto autor dunha agresión con arma branca. A vítima da presunta agresión presentaba cortes na cara, o brazo, o peito e unha perna.

Detido nº4

Un varón de 37 anos circulaba pola Avenida de Portugal cando foi interceptado pola Policía Local. No interior do vehículo viaxaban o condutor e seis ocupantes máis. Ó ser solicitada a proba de alcohol e drogas, o condutor rexeita a petición e agride a dous axentes.

Botón volver arriba