Noticias

Vibomask 2025 reunirá tradicións de máscaras de toda a Península

A décima edición da Vibomask, o festival internacional de mascaradas ibéricas, reunirá este ano participantes de toda España e Portugal os días 17 e 18 de abril en Viana do Bolo e Vilariño de Conso, respectivamente.

O evento converterase un ano máis nun escaparate das tradicións ancestrais vinculadas ás máscaras, con representacións únicas que manteñen viva a identidade cultural de diversas rexións.

Vibomask 2025 reunirá tradicións de máscaras de toda a Península

Ourense será, como sempre, o epicentro da festa, con máis de vinte representacións tradicionais da provincia, entre as que destacan os Bonitas de Sande e Cartelle, os Felos de Maceda, os Cigarróns de Verín, os Fulións de Buxán e os famosos Peliqueiros de Laza. Tamén estarán presentes figuras singulares como o toro e xigante de Celavente, as madamitas de Entrimo ou os Galos da Merca.

Desde o resto de Galicia chegan tradicións como o Entroido Ribeirao de Chantada ou os Xenerais da Ulla. O festival contará ademais coa participación de grupos doutras comunidades como os Zarramaches de Ávila, os Jarramplas de Cáceres ou os Diablos de Luzón (Guadalaxara). Desde o País Vasco achegarase o tradicional Carnaval de Zaldunodo.

Vibomask 2025 reunirá tradicións de máscaras de toda a Península

Portugal estará representado polas máscaras típicas das rexións de Braganza, Viana do Castelo e Viseu, co recoñecido grupo dos Caretos de Lazarim como unha das grandes atraccións.

A Vibomask 2025 reafírmase así como unha cita imprescindible para a recuperación e posta en valor das mascaradas de inverno, nun evento que combina etnografía, festa e diversidade cultural nun ambiente único entre Galicia e Portugal.

Participantes Vibomask 2025

📍 Galicia — ESPAÑA

A Coruña

  • Entroido de Samede (San Mamede, Paderne)
  • Xenerais da Ulla (Concellos da comarca da Ulla)

Lugo

  • Entroido Ribeirao (Santiago de Arriba, Chantada)
  • Oso, criadas, madamas e danzantes (Salcedo, Pobra do Brollón)

Ourense

  • Bonitas (Sande, Cartelle)
  • Cabreiros (Muiños)
  • Cigarróns (Verín)
  • Entroido de Tameirón: chocalleiros, zamarrón, home de Prada, vellas, boi e a morte de Valdín
  • Felos (Maceda)
  • Felos e madamas (Esgos)
  • Folións (Lobios)
  • Fulión e máscaras de Buxán (Buxán, O Bolo)
  • Fulión e máscaras da Mourela pra acá (A Veiga de Manzaneda)
  • Fulións, boteiros e mula de Viana do Bolo (Viana do Bolo)
  • Fulión e boteiros de Vilariño de Conso e aldeas (Vilariño de Conso)
  • Galos (San Pedro da Mezquita, A Merca)
  • Labardeiros e señoritas (Mugares, Toén)
  • Madamitas e madamitos (Entrimo)
  • Mácaras (A Xironda, Cualedro)
  • Pantallas (Xinzo de Limia)
  • Peliqueiros, parróns e vaca do entroido (Campobecerros, Castrelo do Val)
  • Toro e xigante (Celavente, O Bolo)
  • Troteiros (Bande)
  • Vellarróns (Riós)

Pontevedra

  • Currumchiños (Mos)
  • Madamas e galáns (Cobres, Vilaboa)
  • Merdeiros (Vigo)

ASTURIAS

  • Sidros y Comedies (Valdesoto)

CANTABRIA

  • Zamarrones de Los Carabeos (Valdeprado del Río)

CASTELA E LEÓN

  • Antruejo de Carrizo de la Ribera (Carrizo de la Ribera, León)
  • Atenzador (San Vicente de la Cabeza, Zamora)
  • Carnaval de Piedralaves (Piedralaves, Ávila)
  • Cucurrumachos (Navalosa, Ávila)
  • La Obisparra (Pobladura de Aliste, Zamora)
  • Las Toras (El Fresno, Ávila)
  • Machurreros (Pedro Bernardo, Ávila)
  • Máscaradas y madama (Pombriego, León)
  • Tafarrón (Pozuelo de Tábara, Zamora)
  • Talanqueiras y visparros (San Martín de Castañeda, Galende, Zamora)
  • Zarramaches (Casavieja, Ávila)

CASTELA-A MANCHA

  • Diablos y mascaritas (Luzón, Guadalajara)

EXTREMADURA

  • Jarramplas (Piornal, Cáceres)

PAÍS VASCO

  • Carnaval de Zaldunodo (Zaldunodo, Álava)

📍 PORTUGAL

Braganza

  • Caretos de Arcas (Arcas, Macedo de Cavaleiros)
  • Caretos de Parada (Parada de Infanções, Braganza)

Viana do Castelo

  • Farrapogilheiros (Castro Laboreiro, Melgaço)

Viseu

  • Caretos (Lazarim, Lamego)

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.