Noticias

Denuncian nova destrución no Xardín do Posío

O colectivo Amigas das Árbores denuncia a perda de biodiversidade e a destrución do patrimonio natural do histórico parque ourensán.

Convocan unha asemblea aberta este 1 de maio.

Denuncian nova destrución no Xardín do Posío

O colectivo ecoloxista Amigas das Árbores lanza un contundente chamamento á cidadanía: “SOS Xardín do Posío!!!”. A organización alerta do grave deterioro que sofre este espazo verde emblemático no corazón de Ourense. Este xardín histórico, segundo denuncian, está a perder os seus valores botánicos e ecosistémicos por mor de actuacións urbanísticas agresivas e falta de mantemento axeitado.

A asociación lembra que xa se perdeu o paseo das palmeiras —debido á inacción municipal cando enfermou esta especie— e que recentemente avanzou o formigonado de zonas naturais do parque. Agora, segundo indican, un novo proxecto estaría a implicar a tala de árbores históricas. A apertura de gabias que danan raíces, o uso de maquinaria pesada que compacta o solo e a desaparición progresiva do escaso espazo verde restante.

Denuncian nova destrución no Xardín do Posío
Foto: Amigas das árbores

Para visibilizar esta situación e organizar unha resposta cidadá, Amigas das Árbores convoca unha asemblea aberta este mércores 1 de maio ás 20:00 horas. A asemblea será na porta principal do Xardín do Posío, fronte ao IES Otero Pedrayo. Chaman á participación para esixir a protección deste xardín centenario, símbolo do patrimonio natural e social da cidade.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.