A segunda fase da Copa Deputación – Provincial Escolar, Promoción e Prebase reuniu este domingo 11 de maio a máis de 400 ximnastas no pavillón de Xinzo de Limia.
O Club Ximnasia Pavillón e a Escola Pavillón volveron demostrar a súa excelencia cun total de 22 medallas, das cales 14 foron ouros.
O Club Ximnasia Pavillón e Escola Pavillón brillan en Xinzo con 22 medallas
As entidades ourensás acadaron ademais cinco pratas, tres bronces e tres cuartos postos, confirmando o seu liderado na ximnasia rítmica provincial.
A competición contou coa participación de 41 ximnastas individuais e 62 conxuntos pertencentes a clubs e escolas municipais de toda a provincia. A representación dos clubs Pavillón destacou especialmente na Copa Deputación Individual, onde se impuxeron en case todas as categorías grazas aos ouros de Paula Regueiro Moldes (iniciación), Ximena González López (prebenxamín), Noa Miranda Álvarez (benxamín), Olivia Currás Conde (alevín), Ana Sofía Fernández Sindín (infantil) e Pura Diéguez Nóvoa (senior). Completaron o podio Valeria Sotelo Lorenzo cunha prata en infantil, mentres que Aroa Cantanhede, Sara Suárez e Cinthia Miguélez quedaron ás portas da medalla.

Nos conxuntos da Copa Deputación e Provincial Escolar, a Escola Pavillón levou ouros en iniciación, prebenxamín e alevín —esta última categoría con 16 conxuntos participantes—. Sumáronse tres pratas máis e tres bronces, reforzando a gran actuación do club tamén nesta modalidade.
No ámbito da competición de Promoción e Prebase, destacou o ouro individual de Carlota García-Peñuela (cadete prebase) e os triunfos por equipos nas categorías benxamín e xuvenil (promoción), así como en alevín e xuvenil (prebase). O conxunto infantil prebase sumou unha prata.

A próxima cita será a fase final da Copa Deputación, o 24 de maio en Barbadás.
Resumo de resultados:
- 🥇 14 ouros
- 🥈 5 pratas
- 🥉 3 bronces