Noticias

As Xuventudes Socialistas presentan un programa polo Día do Orgullo

As Xuventudes Socialistas de Ourense e Galicia presentan un programa de actividades polo Día Internacional do Orgullo LGTBI que terá lugar en na cidade.

O respecto á diversidade e a inclusión son o eixe central dunhas actividades que teñen como lema «Fronte ó odio, o noso ORGULLO».

As Xuventudes Socialistas presentan un programa polo Día do Orgullo

Será este mércores cando comecen as actividades que presentaron Natalia González, secretaria xeral do PSdeG-PSOE na cidade de Ourense, Borja López, secretario de Políticas LGBTI e Movementos Sociais das Xuventudes Socialistas de Galicia, e Alba Iglesias, secretaria xeral das xuventudes socialistas en Ourense.

Mércores, 28 de xullo

18h – Lectura do manifesto e izado da bandeira do colectivo na sede do PSdeG-PSOE de Ourense.

20h – Manifestación polas rúas da cidade

Xoves, 29 de xullo

20:30h – Película «Milk» en colaboración co Cineclub Padre Feijóo.

Sábado, 1 de xullo ás 11:00h

Mesa redonda comparativa da situación normativa e política en Galicia ao respecto doutras comunidades autónomas socialistas.

  • Marcos Torre –director de Xuventude e LGBTI do Principado de Asturias
  • Julen Eneriz –director LGTBIdo Goberno Foral de Navarra
  • Noelia Otero –deputada autonómica encargada desta área
  • Natalia González –secretaria xeral do PSdeG-PSOE en Ourense
  • Marga Martín –secretariade Políticas Sociais do PSdeG-PSOE
  • Xurxo Doval –secretario xeral das XX. SS. de Galicia
As Xuventudes Socialistas presentan un programa polo Día do Orgullo
SONY DSC

Botón volver arriba