Eventos

10 grupos participarán no festival de Vilariño de Conso

10 grupos musicais participarán no Festival da música tradicional e popular de Vilariño de Conso o próximo domingo, 14 de maio.

No mes de outubro de 2022, o concello de Vilariño de Conso e a Asociación Cultural Música e Cultura de Galicia organizaban o primeiro Festival cun importante éxito de participación.

10 grupos participarán no festival de Vilariño de Conso

Animados polo resultado daquela convocatoria, ambas entidades repiten evento que en 2023 terá lugar nunhas datas próximas ó Día das Letras Galegas.

O 14 de maio, Vilariño de Conso acolle a 10 grupos musicais entre os que estarán as Macizas Centrais de Trives, a Banda de Música e Cultura de Galicia, o grupo Zoadeira ou a Banda de Gaitas de Vilariño de Conso.

10 grupos participarán no festival de Vilariño de Conso

A Charanga Escachapeitos abrirá o festival ás 13h na praza de Vilariño mentres que o resto dos grupos actuarán a partir das 17h.

Botón volver arriba