Eventos

1º Encontro Galaico Portugués da Palabra en Xinzo de Limia

Este sábado, 20 de abril, terá lugar o 1º encontro Galaico Portugués da Palabra na Casa da Cultura de Xinzo de Limia.

Este evento, promovido pola escritora Rochi Nóvoa, reunirá en Xinzo de Limia a numerosas figuras literarias e musicais para celebrar unha xornada cultural internacional. O Concello de Xinzo de Limia, a través do técnico de cultura Carlos Gómez, colabora activamente con este evento que engrosa as actividades culturais programadas no municipio.

1º Encontro Galaico Portugués da Palabra en Xinzo de Limia

Ás 11h está prevista a chegada de todos os participantes que recibirán unha benvida antes de dar comezo o programa de actividades.

11h – Benvida do 1º Encontro

11:30h – Intervención de Pedro Castro «O Romance de Don Gaiferos» e Manuela Rainho «Poesía e Liberdade«

12:30h – Recital Poético Musical (Actuación musical A Voz das Mouras e AC Avantar)
Paula Misa (Portugal), Concha Rousia (Limia), Manuela Rainho (Portugal), María Méndez (Compostela), Teresa Soares (Portugal), Rosa Correa (Asturias), José Casimiro (Portugal), Pedro Castro (Ferrol), Joao Madureira (Chaves), Rochi Nóvoa (Limia) e alumnado do CEIP Rosalía de Castro.

14h – Xantar de fraternidade

17h – Concerto da Agrupación Musical da Limia

18h – Visita Guiada ó Museo Galego do Entroido MUGAE

1º Encontro Galaico Portugués da Palabra en Xinzo de Limia

Botón volver arriba