68 hortos están a disposición da cidadanía do concello de Ourense. A iniciativa da concellería de Medio Ambiente abre o prazo de solicitudes que finaliza o 6 de xuño. 50 hortos están asentados no Parque Botánico de Montealegre e 18 en Mariñamansa. A adxudicación, por sorteo público, terá unha duración de dous anos.