Colaboraciones

O XARDÍN DOS ARTISTAS….

O Xardín dos artistas….. por María do Ceo

Coma no xardín do xigante egoísta, no que non agromaban flores pola ausencia de cativos, así están as nosas rúas, as prazas das aldeas, as salas de espectáculos, sen música, cine, teatros, títeres, gaitas e festas, por mor da pandemia COVID 19.

Malos tempos para a lírica, tempos de peste e silencio…

A cultura, como a lingua, son as pancartas da nosa idiosincrasia, son signos diferenciais de cada lugar, das súas xentes, de cada historia. Cada canción encerra e protexe un idioma, uns modismos, feitos acontecidos, “sucedidos”, persoeiros, sentimentos… Con cada nota musical, en cada acorde, con cada ritmo danzan os latidos do corazón dun pobo, dunha comarca, dun país. En cada obra de teatro, en cada sainete, en cada representación se describe e queda na alma de cada espectador, o recendo dun país, dunha patria, dunha Historia, dos seus heroes, lideres, personaxes.

A cultura composta tamén polas artes, a música, o teatro, a poesía, os monicreques, a farándula, sobreviviron a multitude de crises, epidemias, revolucións, guerras… pero deixando miles de cadáveres polo camiño, como consecuencia da fame, da represión e do exilio.

Á mestura do artista co pobo, ás actuacións en directo que xeran relación entre persoas, convivencia, maxia, sentimento de pertenza, de “compartición” de valores, ideas e gustos, á estás emocións a flor de pel, se lle presentan novos inimigos coma vida intramuros, potenciada polas redes sociais, internet, a televisión cos seus curmáns das plataformas dixitais e agora, esta pandemia que, por sentidiño, impide o contacto entre persoas e, por imperativo legal, restrinxe actividades nas que A Cultura, é ingrediente necesario…

O XARDÍN DOS ARTISTAS….

Unha mirada atrás retrotráenos ós cantares de cego, ás verbenas coa súas orquestras, ás festas populares coas charangas e gaiteiros, ás romarías, ó café teatro, ás ceas concerto, ós bailes, ás bandas municipais nas mañás de domingo, ós micro e macro concertos, pero… ¿que sucede hoxe, nos tempos de pandemia, con toda a xente que come e vive ó redor deste microcosmos da cultura? ¿como sobreviven dende hai mais dun ano músicos, actores, pallasos, libreiros, vendedores de churros e de palcos… cando está baleiro de arte o xardín para os artistas?

O Xardín dos artistas..... por María do Ceo

En España existen 122. 673 empresas culturais e delas soamente o 0,6% contan cun cadro de persoal de máis de 50 traballadores. O resto están compostas por autónomos ou equipos con non máis de dous ou tres traballadores. Son precisamente esas 99´4%, con centos de miles de traballadores, ás que teñen un impacto maior do que non se dan sobreposto, e máis aínda cando até hai ben pouco, estaban repoñéndose das secuelas da crise do 2008 que tamén impactou de abondo, neste sector da cultura e actividades afíns.

A importancia do apoio, o respaldo, a lancha salvavidas que supoñen as administracións publicas, e o público en xeral, é esencial, imprescindíbel, para que esta actividade permaneza a flote, e non sucumba este meigallo que fai palpitar os corazóns e pór a pel de galiña, nunha realidade imaxinaria e creativa, dentro do universo das artes.
O artigo 27 da Declaración Universal dos Dereitos Humanos de 1948, refire ó dereito de toda persoa a tomar parte libremente na vida cultural da súa comunidade, a gozar das artes e a participara no progreso científico e nos beneficios que do mesmo resulten…

O Xardín dos artistas….. por María do Ceo

Sobran as razóns e bótanse de menos as emocións, as cancións, as flores e a lírica no xardín dos artistas.

María do Ceo – Cantante de Fado

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.