Eventos

Frei Canedo da Ponte 2022

Xa coñecemos o programa do entroido de Frei Canedo da Ponte para este ano 2022 que volve con forzas renovadas para que non morra a festa.

Un dos entroidos máis arraigados de cidade de Ourense é o Frei Canedo da Ponte. Esta festa non se puido levar a cabo con normalidade no 2021 por mor da pandemia.

Frei Canedo da Ponte 2022
Cartel da festa realizado por Dávila

Chegado 2022 e ante unha mellor situación, os organizadores do Frei Canedo recuperan a maior parte das actividades tradicionais. Desta forma, os xogos, a música e a gastronomía serán o eixe central desta festa que se celebra no barrio da Ponte.

Programa de Frei Canedo da Ponte 2022

O programa presentado polos organizadores de Frei Canedo comeza o xoves, día 24, e remata o luns, 28 de febreiro. Presentamos a continuación o programa do mesmo:

Xoves, 24 de febreiro:

  • Xoves de comadres

Sábado, 26 de febreiro:

  • Xogos populares,
  • Sesión vermú,
  • Gran papatoria,
  • Concerto de Maria Fumaça,
  • concerto do grupo La Banda.

Luns, 28 de febreiro:

  • Purificación co Potefumeiro,
  • Sermón o cargo de Tino Churrero,
  • Bendición dos novos cofrades,
  • Cea na honra de Frei Canedo,
  • Baile de disfraces co grupo América,
  • Fogos de artificio.
Frei Canedo da Ponte 2022
Programa do Frei canedo

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Botón volver arriba