Noticias

A Mascarada Ibérica quere ser Patrimonio Inmaterial da Humanidade

A Mascarada Ibérica quere ser Patrimonio Inmaterial da Humanidade e nese terreo, Manuel Baltar garantiu o apoio da institución provincial que preside.

Esta fin de semana, Vilariño de Conso e Viana do Bolo celebran o Festival Internacional ViboMask Ibérica que foi aprazado no seu momento pola pandemia.

A Mascarada Ibérica quere ser Patrimonio Inmaterial da Humanidade

40 entroidos procedentes da comunidade galega, varias provincias de España e de Italia e Portugal daranse cita nun festival que pretende dar un paso máis na súa consolidación. O ViboMask quere ser recoñecida Patrimonio Inmaterial da Humanidade.

A Mascarada Ibérica quere ser Patrimonio Inmaterial da Humanidade
Foto: Depourense.gal

Melisa Macía, alcaldesa de Vilariño de Conso, e Andrés Montesinos, alcalde de Viana do Bolo, acudiron á Deputación provincial para ser recibidos por Manuel Baltar, presidente provincial. A reunión serviu para avanzar na proposta da candidatura que realizan ambos concellos de forma conxunta.

Manuel Baltar, presidente da Deputación, tamén comprometeu unha axuda económica para a realización do festival. Desde mañá venres, 18 de marzo e ata o domingo, 20 de marzo, terá lugar o ViboMask 2022. Viana do Bolo e Vilariño de Conso congregarán unha importante representación de distintos entroidos.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Botón volver arriba