As festas gastronómicas celébranse en Muíños por partida tripla durante a fin de semana do 5 e 6 de agosto de 2022.
O concello de Muíños converteuse nos últimos anos nun dos destinos preferidos da Baixa Límia. A súa oferta de instalacións e actividades supón un complemento perfecto para o entorno natural no que se atopa.
Festas gastronómicas en Muíños
Durante os días 5 e 6 de agosto de 2022, Muíños celebrará tres festas gastronómicas de gran relevancia na provincia.
- XVI festa do Galo pica no chan
- IV do Becerro do Xurés ao espeto
- XXXII Festas das sopas do Burro canso (declarada de interese turístico de Galicia)
Programa de actividades en Muíños
Dende o concello prepararon unha ampla programación que permitirá gozar da festa a toda a familia.
Venres, 5 de agosto
- 23h – Grupo «Gin Toni’s» na Praza do Concello
Sábado, 6 de agosto
- 10h – Campionato Galego de Carrilanas (adestramentos)
- 11h – Baixada de Carrilanas Tradicionais
- 11h – Apertura da Expo-Raia de Artesanía
- 11:15h – Xogos populares infantís
- 12h – Campionato Galego de Carrilanas (competición)
- 14:15h – Xantar do Galo Pica no chan e do Becerro do Xurés ao espeto
- 16:30h – Programa da TVG «Vaia Troula»
- 18:30h – Xogos Populares
- 18:30h – Música de charangas
- 20h – Degustación das sopas de Burro canso e torradas de viño e de leite
- 20.30h – Concerto do grupo «La Banda»
- 23h – Orquestra Olympus e XII Muíños Dance