Deportes

«O vermello non é unha cor, é un sentimento»

A campaña «O vermello non é unha cor, é un sentimento» impulsada pola plataforma Memoria Vermella ten como finalidade manter vivo o recordo do CD Ourense.

A historia do Club Deportivo Ourense rematou no ano 2014. Púxose fin desta forma a unha historia de 62 anos nos que esta entidade deportiva foi unha destacada referencia para o fútbol de toda a provincia.

«O vermello non é unha cor, é un sentimento»

Unha plataforma integrada por simpatizantes do CD Ourense están a mobilizarse para que non se esqueza o legado da entidade. Nos últimos tempos, algunhas decisións tomadas no Estadio do Couto foron en contra do recordo e a historia do clube.

  • Eliminación da cor vermella nas bancadas
  • Destrozo do monolito en homenaxe ó CD Ourense
  • Eliminación do mural de Supermán co escudo de CD Ourense.
"O vermello non é unha cor, é un sentimento"

No partido que este sábado disputarán a UD Ourense e o Somozas, a plataforma levará a cabo una campaña de información para que todos os asistentes coñezan a situación que está pasando.

Comunicado oficial de Memoria Vermella

Achegamos a continuación o comunicado oficial da plataforma

Botón volver arriba