Noticias

O Ceip Padre Crespo implícase cos Farrumecos de Sobradelo

O CEIP Padre Crespo de Xunqueira de Ambía implícase cos Farrumecos de Sobradelo ó participar das actividades propostas para este domingo.

Javier Pérez, director do centro escolar, é o responsable de fomentar esta colaboración entre o alumnado do colexio e a Asociación Cultural Sobradelo Tangaraño. Nesta edición, varios escolares realizarán un pequeno teatriño de títeres onde representarán antigos oficios.

O Ceip Padre Crespo implícase cos Farrumecos de Sobradelo

Para vindeiros anos, o director do centro proponse lograr que o alumnado de sexto de primaria teña o traxe de Farrumeco. A promoción e divulgación da figura dos Farrumecos é unha labor que a presidenta da AC Sobradelo Tangaraño está a realizar polos centros escolares da zona.

O Ceip Padre Crespo implícase cos Farrumecos de Sobradelo

Este domingo, 12 de febreiro, os Farrumecos sairán polas rúas de Sobradelo ás 16:30h acompañados por unha charanga.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.