A colaboración institucional entre a Deputación, Xunta de Galicia e o Concello servirá para financiar as obras de abastecemento e saneamento en Ribadavia.
Os traballos permitirán dotar do servizo de saneamento e abastecemento á Groba e As Chabolas e terán un orzamento de 655.180,39€.
Colaboración institucional para financiar obras en Ribadavia
Xunta e Deputación aportarán o 80% do custe deste proxecto aportando cada unha a cantidade de 263.000 euros. Este acordo foi ratificado durante a reunión mantida no Pazo Provincial entre César Fernández, vicepresidente segundo da Deputación, Gabriel Alén, delegado da Xunta de Galicia en Ourense e Noelia Rodríguez Travieso, alcaldesa de Ribadavia.
Durante a reunión, o vicepresidente segundo da Deputación tamén avanzou a colaboración da institución provincial con outros proxectos de Ribadavia. A LX Feira do Viño do Ribeiro e a reparación dun talude xunto ó punto limpo de Foz recibirán achegas económicas da Deputación.