Noticias

José Luis Álvarez optará á alcaldía de Bande

José Luis Álvarez López optará á alcaldía de Bande nas eleccións municipais que se celebrarán no mes de maio de 2023.

O 28 de maio, os veciños do concello de Bande acudirán ás urnas para participar nas eleccións municipais que se celebran en toda España.

José Luis Álvarez optará á alcaldía de Bande

Nesa cita, o Partido Socialista terá como cabeza da lista e candidato á alcaldía a José Luis Álvarez que xa foi candidato en 2019. En opinión do candidato, «pouco mudou en Bande, un concello no que a día de hoxe todo segue máis ou menos igual, cunha poboación envellecida e cun municipio que perde cada ano máis habitantes».

José Luis Álvarez optará á alcaldía de Bande

«O noso obxectivo e crear novos postos de traballo, facer que a mocidade non teña que emigrar e fixar poboación para que Bande teña futuro».

Botón volver arriba